publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un obradoiro de emprego en Outeiro de Rei financiará con 200.000 euros a formación de 22 alumnos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOuteiro de Rei
A-
A+
Beatriz Mato na visita a Outeiro de Rei

Beatriz Mato na visita a Outeiro de Rei

A Consellería de Traballo e Benestar destinou preto de 200.000 euros ao desenvolvemento do obradoiro de emprego ‘Santa Isabel II’, que desenvolven en colaboración os concellos de Outeiro de Rei, Cospeito, Castro de Rei e Abadín, que conta con 22 alumnos.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe este obradoiro e, na súa intervención, explicou que esta iniciativa ofrece numerosas vantaxes aos seus alumnos. En primeiro lugar, o máis importante é que lles permite acceder a un posto de traballo. Simultaneamente, ofrécelles unha formación teórica e práctica de calidade, e, ademais, leva aparellada a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade.

Nesta ocasión, o obradoiro posibilita, entre outras accións, a mellora e acondicionamento de zonas verdes, prazas e beirarrúas, a construción dun campo de adestramento de fútbol, e a reforma e rehabilitación de varias escolas unitarias.

Así mesmo, segundo explicou Beatriz Mato, o obradoiro é exemplo de cooperación entre concellos, pois agrupa os esforzos de catro municipios das comarcas de Lugo e da Terra Chá “na procura da máxima eficacia e eficiencia dos investimentos públicos”.

De feito, a conselleira de Traballo e Benestar aproveitou a súa visita ao concello para manter un encontro co alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo; Cospeito, Armando Castosa; Castro de Rei, Francisco Javier Balado; e Abadín, José María López; para analizar diferentes programas que desenvolven en colaboración estes catro concellos.

Mato lembrou que actualmente hai en marcha un total de 50 obradoiros por toda Galicia, cun investimento de máis de 9,5 millóns de euros e preto de 1.300 beneficiarios. Na provincia de Lugo, os obradoiros en marcha son 9, con 192 alumnos e un investimento de máis 1,7 millóns de euros.

Así mesmo, Mato indicou que a principios de xaneiro publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde que regulará estes programas mixtos en 2014, que contará cunha dotación de 10,2 millóns de euros, cos está previsto pór en marcha 50 novos obradoiros.

3 de febreiro de 2014 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.