publicidade hoxe

Técnicos da Xunta revisarán as pallozas do Piornedo para avaliar o seu estado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLocal PortadaLugo
A-
A+
Raquel Arias durante a xuntanza

Raquel Arias durante a xuntanza

Técnicos da Xunta de Galicia acudirán nos próximos días á zona do Piornedo, no concello de Cervantes, para revisar o estado das pallozas deste poboado e proceder a avaliación das medidas a adoptar para o arranxo do teito destas construcións.

A inspección do persoal técnico da Administración autonómico ten por obxecto tamén realizar unha estimación dos traballos a desenvolver para reparar a cuberta das pallozas do Piornedo.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que nas últimas semanas mantivo varias reunións tanto co alcalde de Cervantes como cos veciños e propietarios destas vivendas singulares, participou hoxe nunha xuntanza reunión na que, ademais dos veciños e do ente local, asistiu a Deputación de Lugo.

Arias congratulouse da presenza da Deputación de Lugo, que, tal e como demandara a propia delegada dende hai máis dun mes, deu por fin un paso para sumarse á proposta de coordinación entre as tres administracións (Xunta, Deputación de Lugo e Concello de Cervantes) e os veciños para establecer unha solución estable para as reparacións das pallozas.

A delegada territorial expuxo a postura da Administración autonómica neste eido e reiterou a total disposición da Xunta para colaborar na posta en marcha de medidas que permitan actuar na mellora destas construcións de grande valor patrimonial a nivel local, provincial e autonómico.

18 de febreiro de 2014 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.