publicidade hoxe

Talleres sobre prevención de violencia de xénero en Forcarei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcarei
A-
A+

O Concello de Forcarei comunica que os vindeiros días 10 e 14 de febreiro de 2014 en horario de 12:30 a 14:15 horas, terá lugar no I.E.S. Chano Piñeiro. Talleres sobre “PREVENCIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO” organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Concello de Forcarei.

Os talleres consistiran nun programa de terapia ocupacional, que incide directamente sobre a educación da sociedade adolescente. Có fin de buscar o coñecemento do problema, incidir e fortalecer as súas actitudes, para loitar contra posibles situacións de violencia de xénero.

O programa desenrolarase a través dunha parte na que se explicarán conceptos teóricos que se fixan a través de actividades prácticas. E outra parte na que se traballarán características e actitudes a través dunha sesión de risoterapia.

As persoas as que irán destinadas serán a adolescentes de entre 12 e 18 anos de idade, cun número de asistentes por intervención que podería chegar ós 20 menores. A duración realizarase nun tempo de 4 horas aproximadamente, impartíndose en dúas sesións de 2 horas.

7 de febreiro de 2014 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.