publicidade hoxe

Sober celebra o seu día grande do Entroido o 1 de marzo co VIII Baile da Cachucha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober ultima a organización do seu día grande do Entroido que celebrará o día 1 de marzo co desfile dunha gran comparsa polas rúas da localidade. Nela participarán integrantes da Banda de Música, alumnos da Escola Municipal de Música, os nenos e nenas do PAI, os alumnos e alumnas do CEIP Virxe do Carme e veciños e veciñas de Sober.

Todos os integrantes da comparsa participarán tamén no VIII Baile da Cachucha que se levará a cabo ao rematar o desfile na Praza do Concello. Seguirase desfrutando do Entroido cunha degustación gratuíta de cachucha, pan do país e viño de Amandi. Tamén haberá premios para os mellores disfraces.

Ao longo de toda a tarde haberá animación e teatro na Praza do Concello para todos os públicos a cargo da compañía Nin fu, nin fa. Os nenos e nenas poderán participar en actividades de globoflexia e en diferentes xogos.

Inicio do Entroido  

O Entroido en Sober iníciase o día 20 co Xoves de Comadres, día que se queimarán na Praza do Concello os bonecos que os nenos e nenas están a elaborar nas ‘Merendas con contos’ na Biblioteca Pública Municipal. O día 27 celebrarase o Xoves de Comadres. Fóra da capitalidade, tamén haberá compadres e comadres en Anllo, Arxemil, Matamá ou Vilaescura, entre outros.

Ademais, varias asociacións veciñais preparan comidas para celebrar o Entroido.

18 de febreiro de 2014 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.