publicidade hoxe

Sober agradece aos 2.000 seguidores do facebook municipal que o transformen “nun espazo activo de diálogo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, quere agradecer a todos os amigos e amigas do Facebook de Sober que “cada día son seus comentarios e suxestións fan desta fiestra aberta a todos un espazo activo de diálogo”. Así o pon de manifesto o día no que o Facebook oficial do Concello de Sober -www.facebook.com/concello.desober- suma 2.000 seguidores, despois de pouco máis dun ano de actividade.

Fernández Guitián destaca que a páxina oficial do Facebook do Concello se ten convertido nun escaparate para toda a xente da localidade e dos arredores, así como para moitos outros veciños e veciñas “que nos seguen desde lonxe”. O Concello de Sober informa a través desta ferramenta da actividade do equipo de Goberno, así como de todas as noticias que poden resultar de interese, tales como axudas públicas, ofertas laborais, cursos, festas ou outros eventos que discorren na localidade.

Tamén se emprega para levar a cabo unha importante labor de promoción turística da Ribeira Sacra e dos seus encantos naturais, a través da publicación de fotografías da zona, así como para a difusión dos comerciantes e empresas locais que traballan en Sober, nomeadamente as relacionadas co viño e a hostalería.

“Queremos agradecer a colaboración de todos e todas os que fan posible que sexa un espazo vivo para a conversa e o intercambio de información case en tempo real”, resume o rexedor.

O Concello de Sober dispón ademais presenza nas redes sociais a través do Twitter (@concellodesober) onde xa alcanza os 360 seguidores. Tamén mantén activa e actualizada a web municipal www.concellodesober.com na que publica información de interese para todos os veciños e veciñas, así como para aqueles que deciden achegarse a á localidade de xeito virtual ou real.

27 de febreiro de 2014 | 11:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.