publicidade hoxe

Sober abre o prazo para anotarse nos cursos para a obtención do Celga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober abre o prazo para inscribirse nos cursos de lingua galega preparatorios para obter os CELGA 1, 2, 3 e 4. A actividade formativa está dirixida a persoas maiores de 16 anos ou a aqueles que os cumpran ao longo do ano 2014.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de abril e poderá formalizarse nas oficinas municipais do Concello de Sober. O curso impartirase no Centro Sociocultural da localidade, sempre e cando se reúna a un grupo mínimo de 20 persoas.

O CELGA 3 é obrigatorio para acceder á maioría dos empregos públicos, sendo imprescindible para participar nos procesos selectivos. Tamén é obrigatorio para acceder a distintos cursos para desempregados.

Os interesados e interesadas poden obter máis información chamando ao número do Concello de Sober 982.46.00.01 ou no Gabinete de Información Lingüística de Lugo no 982.29.41.62.

25 de febreiro de 2014 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.