publicidade hoxe

Salceda de Caselas acollerá xornadas de primeiros auxilios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

Concellaría de Sanidade dirixida po Loli Castiñeira vai a celebrar as Primeiras Xornadas de Primerios Auxilios, que van a ter lugar no local da Devesa o sábado 22 de febreiro a partir das 10 da mañá ata as 14:00.

O prazo límite para apuntarse é o venres 21 de febreiro antes das 14:00, e quedan prazas dispoñibles, polo que canto antes se apunten os interesados, máis probabilidades teñen de poder participar. Non ten ningún tipo de custe para os interesados.

As Xornadas van dirixidas a todas aquelas persoas que non saiban cómo actuar en determinados casos de urxencia, que moitas veces a actuación en primeira instancia é imprescindible para poder salvarlle a vida a unha persoa. Principalmente a temática que vai a impartir Estrela da Vida, vai a centrarse na avaliación do accidentado e a búsqueda de alteracións orgánicas, prestación de coidados básicos iniciais en situacións de emerxencia, aplicación da RCP (Reanimación cardiopulmonar), o método de extracción e manipulación do accidentado, entre outras.

“É primordial coñecer cómo actuar ante un accidentado ou unha persoa que está padecendo unha crise, unha pequena intervención a tempo pode salvar vidas na espera da chegada dos facultativos de emerxencias”, asegura Loli Castiñeira, quen incide na importancia deste curso para toda a cidadanía.

18 de febreiro de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.