publicidade hoxe

Pyssla e napolitanas no Planet Club

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasPontedeume
A-
A+

O “Planet Club” organizado en conxunto entre os Concellos de Cabanas e Pontedeume xa ten preparada a súa programación para este vindeiro sábado. A partir das 18:00 horas e ata as 22:00 horas, na casa da Xuventude de Pontedeume os máis novos poderán participar nun obradoiro de pyssla, unha actividade creativa que está tendo unha gran acollida entre os máis novos e no que poderán dar renda solta a súa creatividade.

Tamén farase outro obradoiro, neste caso de repostería, no que aprenderase a preparar napolitanas de chocolate que logo servirán como merenda para os asistentes.

13 de febreiro de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.