publicidade hoxe

Piñor convoca novos cursos para a obtención do título da ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar as probas oficiais para a obtención da ESO para persoas adultas, abríndose o período de matriculación nas mesmas, que será dende o 24 de marzo ó 4 de abril, sendo así un momento no cal é esencial comezar unha axeitada preparación para poder acadar este título.

Dende este concello, somos conscientes da necesidade actual de contar cunha formación básica de cara tanto á inserción laboral como á continuación de estudos postobrigatorios (Formación Profesional, Bacharelato…), razón pola cal como cada ano ofrécese un curso de preparación das probas libres para a obtención da ESO. No mes de outubro do pasado ano iniciouse un novo grupo para dito curso, aproveitando para recordar que toda persoa interesada en obter o título da ESO pode poñerse en contacto con Servizos Sociais, onde ademais da inscrición no curso formativo municipal poderán obter máis información sobre a matriculación nas probas.

O curso  ten lugar os martes e xoves no concello vello, en horario de 20:00h a 22:00h, facilitando así a asistencia e compatibilidade cos horarios laborais.

7 de febreiro de 2014 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.