publicidade hoxe

Os danos do temporal deixan sen clase a 532 alumnos dun instituto de Foz

E.P.

O desprendemento dunha parte da cuberta do pavillón polideportivo do instituto de Foz, ocasionado polo forte vento que o martes azoutou a toda a comarca da Mariña Lucense, provocou que durante esta xornada suspendéronse as clases neste centro, segundo fontes da Consellería de Educación consultadas.

Á parte dos 532 estudantes que cursan Bacharelato e Formación Profesional no IES de FOZ que este mércores non puideron asistir ás aulas, outros 13 alumnos de tres colexios de Cervantes, Folgoso e Pedrafita, na montaña de Lugo, tampouco puideron chegar ás aulas debido á presenza de neve na calzada.

No caso do IES de Foz, os técnicos xa se desprazaron até alí e a Consellería de Educación espera que este xoves poidan retomarse as clases. Ademais do desprendemento dunha parte da cuberta do pavillón polideportivo, os refachos de vento tamén provocaron algúns danos na fachada do edificio principal e nalgunhas aulas.

Os danos producíronse este martes, cando as clases foron suspendidas na Mariña Lucense, precisamente polo aviso de alerta vermella polos fortes ventos que ían azoutar a esa zona durante as xornadas do martes.

Este mércores a situación mellorou sensiblemente desde a xornada do martes, cando se quedaron sen clases un total de 9.205 alumnos de 54 centros das provincias de Ourense e Lugo, incluídos os 9.075 estudantes de 40 centros da Mariña luguesa.

5 de febreiro de 2014 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.