publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O vento alcanza os 153 km/h en Cuntis e unha acumulación de 89 litros por metro cadrado en Santa Comba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCuntisGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSanta Comba
A-
A+
E.P.

O temporal provocado pola borrasca ‘Petra’ en Galicia deixou este martes o refacho de intensidade máxima no municipio pontevedrés de Cuntis, onde alcanzou os 153 quilómetros por hora, mentres que as precipitacións acumularon até 89 litros por metro cadrado en Santa Comba (A Coruña).

Segundo os datos facilitados por Meteogalicia, o vento superou os 140 quilómetros por hora en puntos como o municipio lucense de Burela (146 km/h) e o coruñés de Cedeira (144 km/h).

Ademais, superáronse os 100 quilómetros por hora en localidades como a coruñesa de Lousame (138 km/h), Lira (133 km/h), a pontevedresa de Oia (123 km/h) e a ourensá do Barco de Valdeorras (117 km/h).

En canto ás precipitacións que deixou o paso desta borrasca, a máxima acumulada correspondeu a Santa Comba, con 89 litros por metro cadrado, mentres que en Lousame rexistráronse 70 litros por metro cadrado e 50 l/m2 en Santiago.

NOVA BORRASCA

Aínda que, segundo a información facilitada por Meteogalicia, o paso de ‘Petra’, previsto entre as 15.00 e as 18.00 horas deste martes, está a deixar aos poucos a Comunidade galega e os refachos de vento “van ir a menos”, as choivas vanse movendo polo centro de Galicia para saír nas próximas horas de Galicia pola zona de Ourense.

No entanto, segundo as predicións, a calma tras a ciclogénesis explosiva deste martes “vai durar pouco” porque esta noite e a do mércores o vento volverá soprar con forza, aínda que non tan forte como esta xornada, e prevese alcanzar os 80 quilómetros por hora.

En concreto, o mércores empeorará a situación no mar, polo que se decretou a alerta vermella por ondas que poden superar o oito metros de altura.

Mentres, en terra a situación normalizarase até o xoves en Galicia, cando está previsto o paso da borrasca ‘Qumaira’, pola que se activará a alerta laranxa por vento que pode superar os 100 quilómetros por hora. Segundo Meteogalicia, aínda que está prevese intensa, non se espera que o vento sopre tan forte como este martes. Xa para o venres, espérase o paso doutra borrasca, de nome ‘Ruth’.

4 de febreiro de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.