publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O programa “nada e corre” do 2014 comeza en Vilalba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilalba
A-
A+

O sábado 8 de febreiro (10:00 horas) comezará en Vilalba o programa “Nada e Corre” do 2014, unha iniciativa  da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis cativos. Nesta primeira proba hai inscritos 140 nenos e nenas da zona de Carballo, A Coruña, Ferrol e Lugo.

Este programa, que comezou no 2012, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar en inverno  a natación, de forma moi especial,  e a carreira, xa que os técnicos consideran importante traballar estes aspectos. Así o programa “Nada e Corre”, que se desenvolve nos meses de febreiro e marzo, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Vilalba, Pontevedra, Narón e Vigo) e unha final. A final terá lugar o día 9 de marzo en Riveira e para a mesma clasificaranse de cada proba os catro mellores por categoría e sexo.

A proba de Vilalba celebrarase no Complexo Deportivo A Magdalena e as distancias dependerán das categorías:

-  Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.

-  Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.

-  Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.

-  Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

6 de febreiro de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.