publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O IES de Foz acolleu a celebración do VII Campionato Internacional de Barista de Escolas de Hostalería 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLocal PortadaLugo
A-
A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, estivo representado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira na celebración do VII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría 2014, desenvolvido hoxe no IES de Foz. Ademais tamén asistiu o xefe territorial de Educación na provincia de Pontevedra, José Jesús Ramos Ledo.

No relativo ao ‘VII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría’ a primeira clasificada foi Dayana Belgoderi de Hoteleria e Turismo de Viana do Castelo, ocupando os outros dos postos de honra, José Vázquez Díaz da Escola de Hostelería e Turismo Belarmino Fernández Iglesias e Luis López Guerreiro do IES de Foz, segundo e terceiro clasificados, respectivamente.

Este ano participan no certame estudantes de 17 centros educativos de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal, un número de participantes superior ao de anteriores edicións. As probas foron retransmitidas en “streaming” polos propios estudantes e persoal da Fundación TIC.

Cata de Café

O encontro desenvolvido no centro educativo lucense comezou onte coa celebración do II campionato internacional de Cata de Café de Escolas de Hostalaría, na que os participantes realizaron probas de avaliación sensorial de sabores básicos, un test con preguntas sobre historia do café, botánica, cultivo, países produtores, molienda e toste, maquinaria e parámetros do expresso; así como unha valoración de aromas e finalmente unha cata de café con cinco preparacións a identificar, sendo unha delas repetida. Os gañadores desta proba foron Saúl Vega López (Gijón), José Antonio Cañete Medina (Santander) e Ignacio José Pérez Fernández (Vigo).

A xornada completouse coa demostración de cocteleros a cargo de “MONIN Gourmet Flavorings”. Na xornada de mañá está previsto que se celebre a segunda edición do campionato internacional de baristas profesionais, así como unha nova demostración de coctelería.

11 de febreiro de 2014 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.