publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Entroido 2014 en Laxe: festa de comparsas, enterro do Caietano e obradoiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Despois da reunión mantida a pasado venres 31 de xaneiro con algunhas das comparsas e entroidos que se van constituír en Laxe, o Departamento de Cultura do Concello de Laxe está en condicións de dar a coñecer as actividades e parte programación prevista para para este entroido 2014. As actividades son as seguintes:

>  INSCRICIÓN DE COMPARSAS para o día 2 de Marzo

Dende o día de hoxe, 5 de febreiro e, preferiblemente, ata o 17 deste mesmo mes, todos os entroidos individuais, en parellas ou en comparsa que queiran participar activamente no desfile e nas actuacións posteriores sobre o palco, poden poñerse en contacto co Departamento de Cultura do Concello de Laxe ben presencialmente, mediante email a cultura@concellodelaxe.com ou por teléfono no 981 70 69 71.

>  OBRADOIROS INFANTÍS E PARA ADULTOS, PREPARATIVOS DO ENTROIDO

Durante a semana do entroido, en concreto, os días 3,4 e 5 de Marzo, en horario de mañá, teremos no Local Social Obradoiros de Conciliación para rapaces dende os 4 ata os 12 anos en horario de mañá, de 10:30 a 13:00 horas. A previsión é que cada día, teñan lugar nun local social diferente: día 3 en Laxe, 4 en Traba e 5 en Soesto. Hoxe ÁBRESE tamén O PRAZO DE INSCRICIÓN no DEPARTAMENTO DE CULTURA para estes, sendo requisito para a súa execución a INSCRICIÓN MÍNIMA DE 5 NENOS/AS POR GRUPO e LUGAR.

As tardes dos días 4,5 e 6, vísperas da Gran Festa que temos preparada este ano para a despedida do entroido en Laxe para o venres 7 de febreiro, onde lle daremos despedida ao finado Caietano,  realizadoremos obradoiros de preparación desta gran festa no local social de Laxe a partir das 17:30 horas e ata as 21 horas.

Respecto da PROGRAMACIÓN DAS FESTAS DO ENTROIDO deste ano en Laxe, aínda que os detalles se concretarán na próxima reunión do día 18, a previsión actual é que os DÍAS DE CELEBRACIÓN SEXAN OS SEGUINTES:

>  DOMINGO DÍA 2 DE MARZO: haberá DESFILE E FESTA DE COMPARSAS que estará dinamizada polas propias comparsas e entroidos en indidual ou parellas, polo Caietano -personaxe do entroido laxense que inaugurará as festas e con elo o desfile – (sempre que as condicións climatolóxicas así o permitan) así coma por un grupo de animación musical co que se está en trámites. (O día podería variar ao sábado. Dato que se confirmará a partir do 18 de febreiro mediante cartelería específica).

>  VENRES 7 DE MARZO: despedida do entroido co ENTERRO DO CAIETANO, personaxe que sempre nos trae bo humor e ganas de troula nestas datas. Como adianto, podemos ir comentando que a procesión de despedida do Caietano farase polas rúas de Laxe e de noite… con saída aínda por determinar despois de oficiarlle misa por parte do Bispo Florentino e a súa recua de viuditas e viuditos.

Durante a procesión non faltará a animación musical nin as as velas nin as antorchas.

Os detalles da festa posterior á queima estánse a concretar e non se pecharán ata que se celebre a próxima reunión nun par de semanas.

6 de febreiro de 2014 | 10:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.