publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O delegado da Xunta en Pontevedra recibe á nova alcaldesa de Crecente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecentePontevedra
A-
A+
Reunión de Cores Tourís e a alcaldesa de Crecente

Reunión de Cores Tourís e a alcaldesa de Crecente

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá a nova alcaldesa de Crecente, Marisol Gómez, quen acudiu ata a Delegación Territorial para presentarse e trasladar diversas demandas do municipio.

Neste senso, Cores Tourís recolleu a demanda da nova alcaldesa en relación á necesidade de executar unha OCA no CEIP Manuel Sieiro de cara a evitar novos incidentes relativos á instalación eléctrica.

A este respecto, o delegado territorial trasladoulle a nova rexedora a intención da Delegación Territorial de executar esta revisión da instalación eléctrica este mesmo ano a través do orzamento propio da Xefatura Territorial de Cultura e Educación.

A maiores, durante o encontro entre ambos responsables políticos, analizáronse outras necesidades do municipio, en especial relativas a melloras en infraestruturas viarias, a maioría relacionadas cos danos causados polos continuos temporais nas estradas, danos que serán avaliados polos técnicos da Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para ser corrixidos cando o tempo o permita.

Finalmente, Marisol Gómez tamén lle trasladou ao delegado territorial a intención do concello de continuar co soterramento e dotacións de farois na zona urbana do municipio, para o que se interesou polas axudas que ofrece a Xunta de Galicia en relación a este tipo de iniciativas.

11 de febreiro de 2014 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.