publicidade hoxe

O Concello de Vilaboa mostra a súa repulsa ao acto de violencia machista que acabou coa vida dunha veciña da localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilaboa
A-
A+

“O Concello de Vilaboa quere expresar a máis enérxica condena e repulsa pública e consternación de toda a corporación municipal polo acto de violencia machista rexistrado no día de hoxe e polo que foi asasinada unha veciña da nosa localidade, María Jímenez de 37 anos. E queremos manifestar a nosa solidariedade cos familiares, en especial os fillos, e amigos e amigas da muller asasinada, así como acompañalos nestes momentos de dor e pesar

A violencia de xénero é o maior síntoma de desigualdade entre mulleres e homes e resulta incompatible cunha sociedade democrática. Este asasinato é unha traxedia persoal que evidencia as consecuencias máis dramáticas da violencia machista: o asasinato que cobra vidas de mulleres a mans das súas parellas ou exparellas.

A loita para a erradicación da violencia de xénero debe ser unha prioridade política, na que todas as administracións axuden a desenrolar todo tipo de medidas que garanticen a seguridade das mulleres que a padezan e que se lles permita refacer a súa vida desde a liberdade e a seguridade.

A sociedade no seu conxunto é víctima desta lacra social e que a resposta, hoxe máis que nunca, ten que ser a de todos, na denuncia e no rechazo día a día dos actos de violencia exercidos contra as mulleres.

Como acto de repulsa, o Concello de Vilaboa gardará mañá mércores 26 de febreiro 5 minutos de silencio por María Jiménez. O goberno local e membros da corporación, acompañados dos membros dos servizos sociais e demais traballadores do concello concentraranse no exterior do edificio do concello ás 12.30h, xunto con todos os veciños e veciñas que queiran sumarse a este acto de solidariedade coa víctima e os seus familiares, e de repulsa e denuncia da violencia de xénero.”

25 de febreiro de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.