publicidade hoxe

O Concello de Sober pide extremar as precaucións nas estradas do entorno de Canabal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+
Subida do nivel do río

Subida do nivel do río

O Goberno local do Concello de Sober pide a todos os veciños e veciñas que extremen as precaucións nas estradas do entorno de Canabal, posto que a cantidade de chuvia caída provocou que se desbordara o Río Cabe.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, avanza que está en contacto cos técnicos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil por se fora preciso tomar algunha medida ao respecto. O rexedor precisa que o cauce do río está medrando “aínda que parece que tende a normalizarse”.

Ademais, os accesos a Camporrairo a través dos pasos subterráneos na N-120 levan días anegados, de maneira que non é posible a circulación a través deles. Tamén está desbordado o Río Neiras e varias estradas da parroquia son perigosas nestes momento, polo que o Goberno local pide a todos os condutores que circulen coa máxima precaución.

Os servizos municipais están en alerta as 24 horas desde que comezaron os temporais. Entre os traballos que teñen acometido está a retirada de postes e tendidos de alumados públicos e árbores caídas. Tamén se lle comunicaron varias incidencias a Telefónica, Gas Natural Fenosa é a Deputación de Lugo, por avarías, caídas de postes ou incidencias nas estradas de titularidade provincial.  

8 de febreiro de 2014 | 11:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.