publicidade hoxe

O Concello de Frades organiza unha viaxe de estudos á cidade de Salamanca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades, coa colaboración da Deputación da Coruña, organiza unha viaxe de estudos a Salamanca, destinada especificamente a titulares e traballadores de explotacións agrogandeiras pero aberta á participación de toda a poboación interesada en xeral, sempre que sexan maiores de idade.

A excursión desenvolverase durante a fin de semana do 29 e 30 de marzo. Incluirá unha visita a un centro veterinario e a un secadoiro de embutidos. A intención é que os participantes poidan ampliar os seus coñecementos en materia de sanidade animal e no relativo á transformación de materias primas do sector primario en produtos para o mercado.

A viaxe, que inclúe pensión completa en hotel de tres estrelas, ten un prezo de 40 euros por persoa. Todas as persoas interesadas en participar deben anotarse antes do14 de marzo. Para obter máis información e efectuar as reservas, cómpre acudir ao Concello de Frades ou chamar ao 981 69 55 67.

18 de febreiro de 2014 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.