publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Forcarei solicita unha subvención para accións formativas de profesionalidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcarei
A-
A+

O concello de Forcarei ven de presentar na Consellería de Traballo esta semana unha solicitude de subvención para a realización de Accións formativas con  certificado de profesionalidade para o ano 2014.

Despois de homologar as instalacións do centro Social como centro acreditado para poder impartir máis especialidades con certificados de profesionalidade, con este plan de formación o Concello pretende ofrecer oferta formativa para as persoas desempregadas do término municipal con especialidades  que se impartirán por primeira vez aquí.

 É o caso de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións sociais” obligatorio para traballar en residencias da terceira idade ou centros de día,  ou “Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais” e “operación de grabación de tratamento de datos e documentos” para postos en oficinas e despachos.

Igualmente síguense pedindo especialidades nas instalacións do obradoiro de emprego da Freixeira. Deste xeito pretendemos chegar a un colectivo de persoas máis amplo que busca formación específica válida tanto para persoas cos estudos sin rematar como para outras cun nivel formativo máis elevado.  

21 de febreiro de 2014 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.