publicidade hoxe

O Concello de Catoira imparte un curso básico de prevención de riscos laborais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

A Aula CeMIT do Concello de Catoira acolle desde o pasado luns un curso básico de prevención de riscos laborais dirixido a persoas desempregadas.

Trátase dunha acción formativa de 60 horas de duración, organizada polo departamento de Emprego municipal, que pretende instruír ás persoas desempregadas en conceptos relacionados coa seguridade e a saúde no traballo, así como a identificación dos tipos de riscos laborais existentes e os posibles danos derivados do traballo.

As 25 prazas ofertadas axiña se cubriron con persoas de Catoira, que aboaron unha cota de 10 euros, asumindo o Concello o 86% do custo do curso. As clases impártense de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas. O curso comezou o 17 de febreiro e remata o 7 de marzo.

Os contidos do programa formativo están distribuídos en cinco módulos: conceptos básicos sobre seguridade e saúde, riscos xerais e a súa prevención, riscos específicos e a súa prevención no sector da construción, elementos básicos de xestión da prevención de riscos e primeiros auxilios.

21 de febreiro de 2014 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.