publicidade hoxe

O artista Al Ciurluine exporá as súas pinturas no Liceo de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O artista plástico ítalo arxentino residente en Amandi Al Ciurluine amosará as súas pinturas nunha exposición que estará aberta no Liceo de Ourense entre o 17 e o 28 de febreiro.

Traxectoria

Al Ciurluine naceu en Rosario, Arxentina, o 25 de xullo de 1954. No ano 1972 inicia a súa carreira como ilustrador e deseñador gráfico. Cursou estudos na Escuela de Artes Visuales onde estudou co mestre Hugo Padeletti, profundizando no aspecto semántico compartido entre imaxe visual, dimensión poética e silencio.

Tamén estudou escultura e gravado na escola de Bellas Artes de la Universidad Nacional de Rosario cos mestres de debuxo, pintura e composición visual Maggy Lezama e Eduardo Serón. Ten formado parte do grupo SuperClip, co que expuxo en mostras colectivas e dedicándose á ensinanza do debuxo.

Desde o ano 1974 expón de forma individual e colectiva en Arxentina, Italia e España. As súas imaxes concéntranse na figura humana, en animais inmersos nun mundo onírico. A súa técnica e a súa composición téñenlle dado un sitio na plástica contemporánea. As súas pinturas, debuxos, gravados e obxectos forman parte de coleccións privadas de Latinoamerica, Estados Unidos, Italia e España.

En agosto do ano pasado fixo unha mostra individual na Casa da Cultura de Sober.

15 de febreiro de 2014 | 11:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.