publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde de Muras móstrase satisfeito tras ser absolto dun delito ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMurasPortada dereita
A-
A+
E.P.

O alcalde de Muras, o popular Isaam Algnam Azaam, mostrouse este venres satisfeito, despois de coñecerse a sentenza que o absolve a el e a dous concelleiros dun delito ambiental e infracción urbanística, polo que a Fiscalía pedía dous anos de cárcere –chegou a pedir seis anos–.

Tras o jucio, celebrado na Audiencia Provincial, a sentenza resolveu absolver ao tres implicados, que estaban imputados por autorizar en 2005 obras nunha pista forestal entre dous parques eólicos e en plena Serra do Xistral, un espazo incluído na Rede Natura 2000. Non contaban con licenza de Consellería de Medio Ambiente.

Co fallo na man, o alcalde de Muras subliñou que el xa sabía que a acusación “ía levar a nada”. Os que máis “sente”, agregou, é que “haxa falsos testemuñas e xente falsa que denuncia cousas que non proceden para nada”. “Así ocupan os xulgados con papeis e preocupan á xente e causan sufrimento aos seus familiares”, protestou.

“Non había ningún delito, simplemente unha maldade de persoas que non entenden a política; non saben que a política é servizo ao pobo”, proclamou. Isaam Algnam Azaam mantén que detrás deste proceso hai unha “persecución política” que atribúe ao grupo municipal socialista.

14 de febreiro de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.