publicidade hoxe

Novo curso gratuito do Ruralactivo sobre atención e coidados á terceira idade e á infancia en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O programa Ruralactivo, para a dinamización socioeconómica de Xeve convoca a un novo curso gratuíto, esta vez, sobre Atención e Coidados á terceira idade e á infancia que terá lugar os días 11 e 18 de febreiro, a partir das 19h no Centro Cultural de Santa María de Xeve:

- O día 11 de febreiro a orientadora laboral especializada, Erundina López, ofrecerá unha panorámica do sector, expoñendo os requisitos e fórmulas para poñer en marcha un proxecto de autoemprego deste tipo.

- O día 18 de febreiro, baixo o nome Pasos a realizar para pór en marcha un proxecto de atención á terceira idade e á infancia, darase a coñecer o proceso constitutivo da empresa de atención a domicilio Galáurea (Poio) e do espazo infantil Lusco Fusco (Teo). Ademais, a formadora profesional Rocío Agulla dará unhas pautas básicas sobre como atender a persoas de idade avanzada.

A Escola de Coñecementos é o programa de formación do Ruralactivo, proxecto promovido polo concello de Pontevedra, para a valorización do patrimonio local e a promoción do autoemprego nas parroquias de Santo André, Santa María de Xeve e Verducido.
A formación como peza chave para o autoemprego

O deseño desta ‘escola formativa’ realizouse a partir das conclusións extraídas na primera fase do Ruralactivo: os faladoiros, onde a xente analizou as parroquias, as súas potencialidades (como o patrimonio material, inmaterial e ambiental) e onde comezou a dar forma a posibles iniciativas de autoemprego.

Entregarase certificado de asistencia

As persoas interesadas en asistir ao curso deberán de inscribirse a través do www.ruralactivo.com ou no teléfono 693/354/879. Ao remate, entregaranse certificados de asistencia a quen participe en todas as sesións formativas. Ademais, habilitarase un servizo de transporte de balde se o solicitan un mínimo de 10 persoas.

 

5 de febreiro de 2014 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.