publicidade hoxe

Muxía conmemora o Día de Rosalía cunhas tarxetas que lembran a relación da poeta coa vila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

O Concello de Muxía conmemora o Día de Rosalía distribuindo unhas tarxetas nas que se lembra a relación de Rosalía con Muxía e o poema dedicado á Romaría da Barca. No anverso da tarxeta pode verse á esquerda a casa onde se aloxou Rosalía na súa estadía na nosa vila.

As tarxetas foron distribuidas pola vila e serán enviadas aos centros educativos do municipio.

 Con esta sinxela iniciativa dende o Concello queren unirse á celebración do Día de Rosalía , e , ao tempo, poñer en valor a relación da poeta coa vila.

23 de febreiro de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.