publicidade hoxe

Manuel Baltar inaugura o centro social da Pousa, en Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterreiOurense
A-
A+
Manuel Baltar na inauguración do centro

Manuel Baltar na inauguración do centro

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o Concello de Monterrei para coñecer os proxectos sociais e de infraestruturas que se están a realizar neste municipio. Na súa visita, Baltar estivo acompañado polo alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e membros do equipo de goberno do concello, con quen se desprazou ata o núcleo da Pousa onde inaugurou o centro social desta localidade, unha obra na que se investiron máis de 160.000 euros, con fondos achegados maioritariamente pola Deputación de Ourense e tamén con achegas do Concello de Monterrei. O Obxectivo da obra é poñer a disposición dos veciños desta localidade unha infraestrutura que permita desenvolver actividades sociais para os veciños e colectivos da Pousa, sinaladamente para as Mulleres Rurais e os maiores. O centro social conta cunha superficie de 100 metros cadrados e con equipamento de mobiliario e sala de ximnasia.

Ademais, Manuel Baltar visitou a contorna do balneario de Requeixo, unha infraestrutura actualmente en ruínas e que o concello pretende recuperar para veciños e visitantes, dada a calidade e propiedades das augas mineiro-medicinais que manan deste manancial. Finalmente, Baltar visitou as obras de acondicionamento e mellora que se están a realizar na travesía do núcleo de Vilaza e no Castelo de Monterrei, e en Vilaza asistiu tamén á presentación da “Brigada de zonas vedes”, que se encarga do mantemento medioambiental nesta contorna.

12 de febreiro de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.