publicidade hoxe

Forcarei solicita unha axuda para a execución do tanque de tormentas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcarei
A-
A+

O Concello de Forcarei presentou no día ante a Consellería de Industria a solicitude de concesión de “axudas encamiñadas a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade autónoma de Galicia”

En dita solicitude o Concello de Forcarei solicita unha axuda para a execución do tanque de tormentas no “Parque empresarial David Raposeiras”,

As obras solicitadas consisten na realización dun depósito de retención de 109m2 en planta e unha profundidade máxima de 5.10m, conformando un volumen útil de 164,31mm3 de capacidade de almacenamento.

Esta actuación permitirá recoller as augas pluvias que discurren por calzadas e pavimentos, en consecuencia sufren unha contaminación no seu contacto co só industrial, para posteriormente envialas a EDAR.

O Presuposto de execución ascende a un total de 178.509,98€, e a axuda solicitada a Consellería de Industria ascende a 142.807.98 o que supón o 80% do presuposto.

21 de febreiro de 2014 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.