publicidade hoxe

Forcarei acolle unha reunión sobre o tramo do AVE polo municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcarei
A-
A+

O Concello de Forcarei comunícalle que hoxe 07 de febreiro de 2014 as 17:00 horas, Tivo lugar no Concello. A exposición pública con técnicos do Concello, sobre o Proxecto Básico de Línea de Altas Prestacións a Galicia (AVE), no tramo Ourense – Vigo, no paso polo noso Concello.

Explicouselle aos veciños as características do trazado da vía que transcorre na súa totalidade soterrado polo noso concello, nun túnel de case 18 km de lonxitude. Pasando por debaixo dos núcleos de Ventoxo, o Parque Empresarial David Raposeiras,Vilapouca, Aldea de Arriba (Soutelo de Montes) e Portela de Lamas.

O Concello foi preparando unha serie de alegación a dito trazado. Na xuntanza cos veciños consideraranse as alegación veciñais co fin de crear un documento conxunto que se presentará no Ministerio de Fomento.

As alegacións estudadas polo Concello de Forcarei son as seguintes:

1-. Puntos de vertido

Nun estudio previo situábanse tres vertidos de material procedente das excavacións. Un en Filloi, outro en Rozados e o último en Vilapouca. As dous primeiras localizacións foron descartadas por ter unha gran incidencia no hábitat de interese comunitario. Quedando o vertedoiro que se situará na marxe esquerda da carreteira N-541 Ourense – Pontevedra no punto kilométrico 58, fronteao Parque Empresarial David Raposeiras en ViIlapouca como o único que teremos no noso territorio. Será un espazo de vertido dunha superficie de 27.378 m2 cun volume de vertido de 187.248 m3.

O Concello alegará a posibilidade de outras alternativas para a ubicacióndo material de vertido mais útiles.

2-. Acuíferos

A profundidade a que discorre, garante que non haberá a priori problemas de filtracións de mananciais ou pozos, aínda así, o Concello alegara neste punto por posibles danos.

3-. Servidumes

O proxecto non especifica nada sobre este punto, o Concello cree que debe considerarse e engadirse ao proxecto.

4-. Aclaración das galerías que unen os dous tramos de vía

Os dous tramos soterrados de vía que transcorren paralelo únense cada 500 m por galerías, estas non se especifican no proxecto só de forma gráfica, polo que non se saben  as súas características precisas esperando o proxecto de execución definitiva.

5-. Posibles danos en construcións

O Concello alegará que se considere no proxecto posibles danos en construción existentes, polo proceso construtivo a levar a cabo.

Unha vez coñecidas as distintas posturas dos veciños e asociacións redactarase a alegación definitiva co fin de recoller o número máximo de inquietudes da poboación afectada.

7 de febreiro de 2014 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.