publicidade hoxe

Fin de semana de Entroido e Romería no Concello de Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

A Romaría do Santo Anxo celebrarase o primeiro domingo do mes de marzo, caendo este ano no día 2, o concurso e festival de Entroido tamén será ese día no pavillón de Carballedo.

Esta Celebración conta xa con mais de 120 anos, organizada sempre polos veciños do lugar, sendo un punto importante de recepción de devotos da mesma.

Os principais visitantes son os veciños e visitantes da Terra de Montes, que aproveitan a xornada para degustar a gastronomía e o enclave único no que se sitúa o Cádavo.

A programación deste ano estendese do día 01 ata o 02 de marzo. Tendo lugar o sábado pola noite a verbena a cargo das orquestas : Televisión e Xacobeo.

O domingo pola maña serán as misas co Coro de Cerdedo e a Banda de Música de Tenorio.

Pola tarde ten lugar o Festival de Entroido no Pavillón de Carballedo, coa seguinte programación:

17: 00 inscrición  no Concurso de disfraces no Concello 18:00 desfile de disfraces desde o Concello ata o Pavillón de Carballedo 19:00 Concurso, coas seguintes categorías e premios

INFANTIL:

50 € INDIVIDUAL

100€ GRUPO

Todos os nenos que desfilen levarán un detalle por participar.

ADULTOS

INDIVIDUAL : 75 €

PARELLA: 125€

GRUPO: 200 €

COMPARSA: 125 € PRIMEIRO E 100 € SEGUNDO (NESTA CATEGORIA OBRIGADO TRAER COPLAS DE ENTROIDO)

CHOQUEIRO: 50 € (ACLARACION: esta categoría caracterizase por poñer o que teñas a  man e saír a divertirte, puntúa que o disfraz sexa con trapos, trapillos e cousas vellas e sobre todo que na pasarela fagas unha actuación digna de premio. O choqueiro pode ser unha persoa, dúas ou grupo, pero ao anotarte tes que dicir que queres ir de choqueiro) Ás 21:00 a actuación do DUO CACHÉ ata que o corpo aguante Ás 00:00 QUEIMA DO XABARIN Chocolate para todos os asistentes Este festival organizado pola Asociación Xuvenil San Miguel de Carballedo

28 de febreiro de 2014 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.