publicidade hoxe

Exposición na Escola Laica de Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

A partir de mañá e ata o próximo día 3 de marzo, a Escola Laica de Cabanas será o escenario onde se exporá a exposición do VII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez 2012, da Deputación da Coruña. Trátase este premio dunha das iniciativas levadas a cabo polo organismo provincial na súa liña de apoio á creación artístico, en concreto ó desenvolvemento da arte gráfica así como en recoñecemento da labor realizada pola fundación “Centro Internacional de la Estampa Contemporánea” de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Nuñez, o seu fundador. Na exposición poderanse apreciar os gañadores das últimas edicións deste premio. O horario será de 11:00 a 13:00 horas de luns a venres.

19 de febreiro de 2014 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.