publicidade hoxe

Excursión “Paderne en familia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPaderne
A-
A+

O vindeiro 23 de febreiro o programa “Paderne en Familia” realizará unha nova saída para visitar os xardíns do Pazo de Oca, chamado o “Versalles galego”, o máis señorial e mellor conservado da nosa Comunidade situado na localidade da Estrada, provincia de Pontevedra.

Pazo privado que pertence ós Duques de Medinaceli, as súas orixes datan do século XIII, aínda que os edificios actuais son do século XVIII; nesta visita, ademais de admirar a grandiosidade do entorno, teremos a posibilidade de disfrutar dunha visita guiada e semiteatralizada con amplas explicacións sobre a súa historia e ilustrada con escenificacións de varios personaxes históricos relacionados con esta edificación.

Despois da comida Vedra, coa 20ª Xornada da Camelia, será o centro de interese da tarde; as exposicións desta flor así como as actividades e mostras que en torno a este evento se realizan, poñerán o punto final á programación do día.

Para desprazarnos, debemos comezar o percorrido ás 9 da mañá polas distintas parroquias. Poden asistir persoas de tódalas idades empadroadas no Concello de Paderne con un importe por persoa de 25 €.

Os interesados teñen ata o día 19 de febreiro para realizar a súa inscrición chamando por teléfono ou anotándose nas propias oficinas municipais.

5 de febreiro de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.