publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Entroido en Paderne

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPaderne
A-
A+

O Concello de Paderne invita a tódalas persoas a participar coas súas comparsas e disfraces na Festa do Entroido que cada ano se celebra como remate desta tradición.

Será o  mércores 5 de marzo ás 8:30 da tarde no campo de O Telleiro, preto da Casa do Concello.

Ás nove da noite queimaremos o entroido e a súa morte será festexada comendo empanada, queixo, doce e bebendo viño e queimada de Paderne. Ó remate contaremos tamén cunha sesión de fogos artificiais.

Haberá premios para os tres mellares disfraces, tanto na modalidade de grupo como en individuais.

Como os nenos e nenas tamén soen participar desta festa, queremos reconocerlles o seu esforzo co premio ó mellor disfraz nesta categoría.

En todo momento teremos música para divertirnos e bailar ata que nos cansemos.

 

4 de febreiro de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.