publicidade hoxe

Encarnación Rivas reúnese co alcalde de Corcubión para axilizar a aprobación inicial do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCorcubiónLocal Portada
A-
A+
Encarnación Rivas na xuntanza co alcalde de Corcubión. Foto: X. Crespo

Encarnación Rivas na xuntanza co alcalde de Corcubión. Foto: X. Crespo

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu esta mañá ao alcalde de Corcubión, Francisco Javier Lema, e a membros do equipo redactor, para analizar o Informe Previo á Aprobación Inicial (IPAI) Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deste municipio coruñés.

Durante o encontro a secretaria xeral trasladou ao alcalde o apoio e colaboración do seu departamento e comunicoulles os tramites que debe realizar a Administración local para proceder á aprobación inicial do PXOM por parte do Pleno municipal.

Os trámites a seguir consistirán, non só en aprobar de forma inicial o novo planeamento, senón tamén en expoñer ao publico o documento para a presentación de alegacións. Simultaneamente solicitaranse as distintas administracións os informes sectoriais, os cales unha vez emitidos serán incorporados no documento, xunto coas alegacións aceptadas. A continuación, o Concello o aprobará provisionalmente en pleno o documento e remitirao á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para a súa aprobación definitiva.

Planeamento actual

Na actualidade, o Concello de Corcubión réxese por unhas normas subsidiarias da planeamento do ano 1989. Dende novembro de 2004, data do contrato do PXOM, o Concello está a elaborar o Plan Xeral que conta cunha axuda da Xunta de mais de 70.500 euros.

11 de febreiro de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.