publicidade hoxe

Cursos de galego en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Ó igual que xa se fixera o ano pasado, a Concellería de Cultura de Cabanas ten previsto organizar un curso de galego, en colaboración coa Xunta de Galicia. Nesta ocasión preténdese crear un grupo para impartir o curso de CELGA 4. O prazo para apuntarse no mesmo rematará o próximo venres 21 de febreiro, sendo preciso xuntar un grupo de vinte persoas para que sexa posible levar a cabo a actividade. O lugar onde se impartirá este curso, no caso de conseguir formar un grupo, sería na Escola Laica, estando pendente de saberse os horarios, realizándose nos meses de abril e maio. Os destinatarios serán persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran ó longo do ano 2014. Para poder recadar máis información teñen que poñerse en contacto coa Concellería de Cultura de Cabanas ou ben chamar ó 981 49 59 59 extensión 3 ou no correo electrónico cultura@cabanas.es

18 de febreiro de 2014 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.