publicidade hoxe

Cubela segue reuníndose cos colectivos de Cotobade para escoitar as súas necesidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
Instante da reunión

Instante da reunión

O alcade, Jorge Cubela, reuníuse coa directiva da Asociación de Prexubilados, Xubilados e Pensionistas San Pedro de Tenorio, onde trataron,  entre outros, os seguintes asuntos:

– A posibilidade de colaboración do concello para organizar unha excursión ao Corpiño a mediados de ano.

– Valorouse positivamente as actividades ás que se acolle a asociación  de xubilados de Tenorio ao amparo dos programas da Deputación para o  Obradoiro de Memoria e de Cantos Populares.

– Solicitaron a colaboración do Concello e da Diputación para brindar  unha homenaxe ao falecido ex alcalde Moncho Abal,  o mesmo día do seu  primeiro aniversario, 5 de xulio.

– Solicitan ao Alcalde melloras de mantemento no Local Social que  acolle as actividades dos maiores.

– Os representantes da asociación trasladáronlle ao alcade a  necesidade de colaboración do concello para o funcionamiento da  asociación, ao que o Alcalde comprometeuse a reservar una partida de  colaboración.

O Alcalde, pola súa parte, explicoulles que está a barallar a  posibilidade de acometer unha reforma integral do Local da Banda de  Música, noticia que os xubilados recibiron e valoraron positivamente e  que solicitarían poder usalo para alguns actos.

Por outra banda, o Alcalde, lles explica que xa comenzou as xestións  de cesión do local ao concello coa directiva da Comunidade de Montes,  esperando á presentación dun proxecto constructivo co que explicar aos  comuneiros en qué consistirían as obras a realizar.

17 de febreiro de 2014 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.