publicidade hoxe

COGAMI organiza charlas de prevención de lesións medulares no CEIP Santo Tomé de Carballo de Taboada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTaboada
A-
A+

O obxectivo das charlas é concienciar á mocidade da importancia da prevención de situacións de risco para evitar as lesións medulares

O mércores, 5 de febreiro, ás 9:45 horas e ás 10:35 horas, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) imparte no CEIP Santo Tomé de Carballo do concello de Taboada, dúas charlas de sensibilización sobre a prevención de lesións medulares.

Dirixidas ao alumnado da ESO, estas charlas van ser impartidas, durante 50 minutos, pola Traballadora Social de COGAMI en Lugo, Sabela López Vázquez.

Temas como a descrición das secuelas da lesión, como asumir e superar ditas secuelas, a descrición de barreiras arquitectónicas e sociais,… van ser tratados coa finalidade de lograr que os rapaces e rapazas se decaten da importancia que ten a prevención para evitar situacións de risco que poden derivar en lesións graves.

Con estas charlas inténtase contribuír á paulatina redución dos índices de discapacidade adquirida na poboación en xeral, e entre a mocidade en particular. É unha actividade que desenvolve COGAMI e que está orientada cara a colexios, institutos, centros universitarios e centros laborais co obxectivo de concienciar aos grupos de risco –mocidade, deportistas, profesionais- sobre as situacións de perigo máis evidentes como poden ser os accidentes domésticos, as caídas, os mergullos en zonas perigosas e os hábitos de prevención.

4 de febreiro de 2014 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.