publicidade hoxe

Cogami comeza un curso de formación profesional para formar a 15 persoas con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PeroxaAllarizBarbadásLocal PortadaO CarballiñoOurenseOurense
A-
A+

O alumnado deste curso procede dos concellos de Ourense, Barbadás, A Peroxa, Allariz e O Carballiño.

Un grupo formado por 15 persoas con discapacidade, 8 homes e 7 mulleres, inicia hoxe nas instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en Ourense (rúa da Farixa, nº3 B, Finca Sevilla) un curso de formación profesional sobre Xestión de Stocks, Almacén e Control de Caixa.

Este curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Todas as persoas que inician este curso, procedentes dos concellos de Ourense, Allariz, O Carballiño, Barbadás e A Peroxa, teñen discapacidade recoñecida, e a maioría deles proceden doutras profesións das que non van poder volver traballar por ter unha incapacidade laboral recoñecida. Outros, en cambio, fórmanse porque queren ampliar os coñecementos para poder inserirse canto antes no mercado laboral.

A formación vaise impartir durante dous meses, constando dun total de 250 horas lectivas presenciais, en horario de 9:30 a 14:30 horas, que se van repartir en catro módulos: 70 horas serán para formarse sobre atención ao cliente, 120 horas serán sobre informática, 50 horas sobre almacén e 10 serán de prevención en riscos laborais.

Cando remate a formación presencial, o alumnado terá a oportunidade de establecer un período de prácticas de entre 50 e 100 horas de duración, en empresas da zona.

3 de febreiro de 2014 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.