publicidade hoxe

Celanova acolle unha xornada organizada polo obradoiro de emprego Camiño de San Rosendo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaOurense
A-
A+
Baltar na visita ao obradoiro que se imparte en Celanova

Baltar na visita ao obradoiro que se imparte en Celanova

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Celanova, José Luis Ferro, participou hoxe no Auditorio de Celanova nunha xornada organizada polo obradoiro de emprego Camiño de San Rosendo, pioneiro en Galicia nas súas características pois está centrado no tema das industrias culturais e do turismo cultural, unha liña innovadora no que atinxe a obradoiros de emprego.

Baltar destacou una súa intervención diante dos participantes do obradoiro, principalmente mozos, a importancia do ámbito cultural e etnográfico, “cuxa xestión debe levarnos a manter as trazas de identidade das nosas peculiariades como pobo”. Baltar tamén explicou o labor que está desenvolver a institución provincial no que atinxe a aspectos como o económico ou o da cooperación cos concellos, “liñas de actuación que nos permiten nestes tempos facer máis con menos e priorizar para que aqueles concellos máis pequenos teñan as mesmas oportunidades que os de maior tamaño no que respecta a temas tan importantes como son, por exemplo, os servizos sociais ou o medio ambiente”.

19 de febreiro de 2014 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.