publicidade hoxe

Camariñas: Naufraxios, Faros e Realidade Aumentada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCamariñas
A-
A+

Os vindeiros venres 21 e sábado 22 de febreiro celebranse no faro Vilán de Camariñas unhas xornadas dedicadas aos naufraxios.

Nestes dous días vanse presentar a web e maila Ruta dos Naufraxios-Realidade Aumentada, ademáis vaise celebrar unha mesa redonda-panel de exposicións sobre faros e naufraxios.

PANEL DE EXPOSICIÓN: FAROS E NAUFRAXIOS

Presentación: Jesús Trillo Grille. Redactor de El Correo Gallego

Xan X. Fernández Carrera: Mestre, Preside o Instituto de Estudos Bergantiñáns e directivo do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e da Fundación Gonzalo López Abente.
– Lenda e realidade dos Naufraxios da área de Cabo Vilán.

Ramón Ayora Fernández: Capitán da Marina Mercante.
– Influenza dos Faros na Navegación

Evaristo Antelo López: Capitán da Marina Mercante
– Influencia dos Faros na Pesca Local

Cristina Fernández Pasantes: Fareira no Faro Vilán
– Faros 

José María Sánchez Mouzo: Gerente. Desguaces Petrallo

– Estación de salvamento Marítimo de Camelle e desguace de pecios.

Tamén haberá un percorrido guiado a pé no que se poderán “ver” os naufraxios da costa de Camariñas usando un teléfono móbil ou tableta. (É preciso inscribirse para o recorrido guiado enviando nome completo, DNI, idade, teléfono e correo de contacto a info@camarinas.net antes do venres 21 as 13:00 horas. Máis información en  www.rutadelosnaufragios.com)

Estas actividades forman parte dos actos do 80º aniversario da declaración do Cabo Vilán como Sitio Natural de Interese Nacional, organizado pola Asociación de Empresarios e o Concello de Camariñas.

19 de febreiro de 2014 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.