publicidade hoxe

Cabanas recorda a María Elisa Abruñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal Portada
A-
A+

O Concello de Cabanas en colaboración coa Asociación de Mulleres Cabanas Rural vai organizar un acto este sábado 1 de marzo en recordo de María Elisa Abruñedo, a veciña que apareceu asasinada en Cabanas a principios de setembro do ano pasado. O acto dará comezo as 17:00 horas e terá lugar no Pavillón de Lavandeira.

Desta forma terá lugar en primeiro lugar unha concentración silenciosa en recordo de María Elisa Abruñedo para posteriormente interpretar a peza de piano “Para Elisa” de Beethoven. Desta forma quere facerse un sentido homenaxe á memoria desta veciña cuxo caso inda está en investigación.

No acto tamén está previsto que faga unha intervención Esperanza Gayoso, concelleira de Cabanas. “O Concello de Cabanas e a súa veciñanza non se esquecen de Elisa Abruñedo. O seu asasinato foi un crime que nos golpeou de cerca e que supuxo un gran impacto en todos nos. Con este pequeno recordatorio queremos demostrar que Elisa segue a ter un espazo na nosa memoria. Agardamos que a investigación que se está a facer neste caso sirva para esclarecer os feitos acontecidos e que o culpable ou culpables da súa morte sexan detidos”

28 de febreiro de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.