publicidade hoxe

Bases do XX certame de desfile de disfraces 2014 do Concello de Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteceso
A-
A+

Coa finalidade de promover e recuperar unha festa tradicional popular como é o Entroido, a Concellería de Cultura, Servizos Socias, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Ponteceso convoca este DESFILE de acordo coas seguintes bases:

Primeira: Descrición

Consistirá nun desfile de disfraces no que poderán participar tódolos públicos que se inscriban previamente neste concello antes do 26 de febreiro ás 14:00 h.

Segunda: Pasacalle

Saída da praza do Relleno ata o pavillón municipal ( se chove suspéndese e iremos directamente para o pavillón).

Os/as participantes que opten a algunha axuda teñen a obriga de participar neste percorrido.

Terceira:  Axudas

Co obxecto de fomentar a participación e colaborar economicamente na confección dos traxes, carrozas, etc., o Concello de Ponteceso convoca unhas axudas.

* existe un máximo de 1.125 € para o total das axudas (no caso de que haxa un maior número de participantes, este importe repartirase en proporción e diminuirían as cantidades máximas a percibir).

– É obrigatorio para optar ás axudas económicas: facer o pasacalle, subir ao palco a representar unha actuación (musical, teatral, etc. presentando, no momento da inscrición, a gravación musical ou material necesario para a  actuación a interpretar)  ou ben realizar unha exhibición das carrozas ou doutros acompañamentos.

– As axudas serán entregadas en metálico a aquelas persoas que se inscribiran previamente no concello. Aqueles grupos que se presenten no mesmo día terán que consultar coa organización a posibilidade de participar.

Unha vez lidas as condicións da participación no XX Desfile de Entroido do Concello de Ponteceso, e aceptándoas, desexo participar no desfile:

Nº DE MEMBROS/AS: 

NOME, ENDEREZO E DNI DO/A RESPONSABLE:

TÍTULO DA OBRA:

DEIXO CD OU OUTRO MATERIAL PARA A INTERPRETACIÓN:

BREVE DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN :

CONTACTO:

7 de febreiro de 2014 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.