publicidade hoxe

Bases do concurso de comparsas e carrozas para o Entroido en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

MODALIDADE COMPARSA OU CARROZA

Os participantes poderán concursar na modalidade de:

Comparsas.- Considerarase comparsa a toda aquela agrupación de 8 ou máis persoas disfrazadas en base a un tema común.

Cada comparsa deberá portar, nun lugar destacado, un cartel no que se indique o nome da comparsa.

Carrozas.- Condicións obrigatorias:

-Debe estar remolcada por vehículo ou construída sobre vehículo.

-Número mínimo de integrantes: 10 ou máis persoas disfrazadas en base a un tema común.

-Cada carroza deberá portar, nun lugar destacado, un cartel no que indique o seu nome.

INSCRICIÓN

A inscrición deberá formalizarse nas oficinas do concello (de luns a venres de 9:00h. a 14:30h) ou na biblioteca (de luns a venres de 10:00h a 13:30h. e de 15:00h. a 17:00h) obrigatoriamente antes do xoves día 27 de febreiro.

No momento de realiza-la inscrición deberá indicarse:

-Nome da comparsa/carroza.

-Número de compoñentes (sempre igual ou maior de 8 para comparsas e 10 para carrozas).

-Responsable ou persoa de contacto (firmante da folla de inscrición), que debe indicar o seu nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono de contacto.

-Nome do membro do xurado.

Todas aquelas comparsas /carrozas que non se inscriban antes da data sinalada quedarán excluídas do concurso, aínda que poderán desfilar.

CONCENTRACIÓN E PERCORRIDO

A concentración das comparsas e carrozas levarase a cabo dende as 16:30h na rúa Lamas Calvelo (Bande).

O percorrido do desfile será:

Inicio: rúa Lamas Calvelo.

Final: Praza da Constitución.

Os participantes, que queiran optar ao premio, deberán realizar o percorrido na súa totalidade portando o cartel identificativo así como permanecer disfrazados ata o momento de entrega de premios.

A participación no desfile concurso farase de forma ordenada, en grupos de dúas persoas.

As comparsas/carrozas cunha estética similar deberán desfilar separadas, non podendo participar os dous días de desfile coa mesma vestimenta ou carroza.

A saída do desfile levarase a cabo ás 17:00h do día 2 de marzo de 2014.

XURADO

O xurado estará formado por un representante de cada comparsa/carroza e un representante dos“Troteiros”.

A decisión do xurado, respecto aos gañadores do concurso, será inapelable.

Os premios poderán ser declarados desertos si, a xuízo do xurado, os disfraces non reunisen a calidade mínima necesaria.

O fallo do xurado valorará de forma especial a orixinalidade, a innovación, coreografía, espontaneidade, deseño, esforzo e elaboración dos traxes, o bo gusto estético de marcada orientación carnavalesca e a harmonía do conxunto.

VOTACIÓN

Cada comparsa/carroza elixirá un representante para a votación. Durante o desfile o representante deberá avaliar aos demais participantes. O xurado reunirase unha vez finalizado o desfile. Cada membro do xurado puntuará de 1 a 5 puntos, sendo o 5 a máxima nota que se poida alcanzar. En caso de empate, volverase a puntuar entre os empatados, pero nesta ocasión do 1 ao 3, así sucesivamente hasta que haxa dous claros gañadores. Queda prohibido votarse a si mesmos.

PREMIOS

O fallo do xurado coñecerase os mesmos días dos desfiles durante o transcurso da tarde, momento no que se fará entrega dos premios.

Establécense os seguintes premios:

1.-  Comparsas:

-1º premio: 120€.

-2º premio: 100€

-3º premio: 80€

-4º e 5º premio: 60€

2.-  Carrozas:

-1º premio: 180€.

-2º premio: 150€

-3º premio: 120€

-4º e 5º premio: 80€

Non se premiarán comparsas/ carrozas non inscritas no presente concurso.

Os premios entregaranse en vales canxeables nos establecementos adheridos do Concello de Bande ao representante da comparsa /carroza premiada. Os establecementos adheridos están no seu dereito de rexeitar os vales senón se realiza un consumo mínimo. Os vales caducarán o día 30 de abril de 2014.

VARIOS

Tódalas carrozas participantes deberán ser estacionadas na rúa Mestre Taibo ao rematar o desfile, procedendo os seus responsables a súa posterior retirada (tras coñecer aos premiados) antes das 23:30h do mesmo día do desfile.

MODALIDADE DISFRACE INDIVIDUAL OU GRUPO

Poderase participar neste apartado individualmente ou en grupo (agrupación de 8 ou máis persoas disfrazadas en base a un tema común).

INSCRICIÓN

A inscrición deberá formalizarse nas oficinas do concello (de luns a venres de 9:00h. a 14:30h) ou na biblioteca (de luns a venres de 10:00h a 13:30h. e de 15:00h. a 17:00h) obrigatoriamente antes do xoves día 27 de febreiro.

Todos aqueles disfraces que non se inscriban antes da data sinalada quedarán excluídos do concurso.

CONCURSO

O concurso de disfraces levarase a cabo durante o “baile de máscaras” que terá lugar o martes, día 4 de marzo, a partir de las 17:30 horas, na Praza da Constitución ou en caso de mal tempo no salón de actos do concello.

Cada participante previamente inscrito, accederá ao escenario habilitado, por orden segundo número de inscrición. O xurado tomará nota do disfrace e das características do mesmo. Realizarase un desfile de disfraces no escenario.

XURADO

O xurado estará formado por representantes dos “Troteiros”.

A decisión do xurado, respecto aos gañadores do concurso, será inapelable.

Os premios poderán ser declarados desertos si, a xuízo do xurado, os disfraces non reunisen a calidade mínima necesaria.

O fallo do xurado valorará de forma especial a orixinalidade, a innovación, coreografía, espontaneidade, deseño, esforzo e elaboración dos traxes, o bo gusto estético de marcada orientación carnavalesca e a harmonía do conxunto.

VOTACIÓN

Cada membro do xurado puntuará de 1 a 5 puntos, sendo o 5 a máxima nota que se poida alcanzar. En caso de empate, volverase a puntuar entre os empatados, pero nesta ocasión do 1 ao 3, así sucesivamente hasta que haxa dous claros gañadores.

PREMIOS

O fallo do xurado coñecerase ao final do baile de máscaras, momento no que se fará entrega dos premios.

Establécense os seguintes premios:

1.-  Grupo:

-1º premio: 120€.

-2º premio: 100€

-3º premio: 80€

2.-  Individual:

-1º premio: 50€.

-2º premio: 30€

Non se premiarán disfraces non inscritos no presente concurso.

Os premios entregaranse en vales canxeables nos establecementos adheridos do Concello de Bande. Os establecementos adheridos están no seu dereito de rexeitar os vales senón se realiza un consumo mínimo. Os vales caducarán o día 30 de abril de 2014.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Tódolos participantes debidamente inscritos no Entroido do Concello de Bande recibirán un diploma de participación.

A organización reservase o dereito de modificar estas bases, cando as circunstancias o requiran.

A organización decidirá sobre aqueles aspectos non previstos nas presentes bases. A participación no concurso implicará a aceptación das bases.

5 de febreiro de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.