publicidade hoxe

Balneoterapia, proxecto coidarse

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPaderne
A-
A+

Desde o pasado mes de outubro, o Concello de Paderne está a desenvolver as sesións mensuais de Balneoterapia no balneario de Guitiriz para as persoas maiores de 65 anos e pensionistas maiores de 60 empadroados no Concello co fin de beneficiarse dos tratamentos termais.

Neste vindeiro mes de febreiro a visita será o venres día 21. As persoas interesadas poden anotarse, ata o martes anterior á visita.

No caso de que os inscritos superen o número máximo de persoas a participar en cada visita (30), seguirase rigurosamente a orde de data de inscrición. Así mesmo, terán prioridade as persoas que teñan participado na actividade un menor número de veces entre a tempada anterior e a actual.

4 de febreiro de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.