Alumnos do CPI Pontecarreira asistiron a unhas xornadas sobre sexualidade
Rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO do CPI Pontecarreira participaron durante estas dúas últimas semanas nunhas xornadas sobre sexualidade, organizadas polo Concello de Frades en colaboración co persoal do CPI Pontecarreira. Divididos en dous grupos, de acordo ás súas idades, os rapaces e rapazas de Frades analizaron diversos temas como: anatomía e fisioloxía, anticonceptivos, enfermidades de transmisión sexual, ciclo menstrual, autocoidado e hixiene…