publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A segunda muller máis lonxeva de Galicia, Josefa Álvarez, cumpre 108 anos cantando muiñeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCartelleLocal PortadaOurensePortada dereita
A-
A+
E.P.
Josefa Álvarez acompañada de familiares e amigos

Josefa Álvarez acompañada de familiares amigos

Josefa Álvarez, a segunda muller máis lonxeva de Galicia e a máis maior da provincia de Ourense, cumpriu este domingo 108 anos na residencia da nosa Señora do Mundil, no Concello de Cartelle. Durante a celebración, fixéronlle entrega de agasallos e dun ramo de flores por parte da dirección do centro, nunha xornada na que tamén comeu a tradicional torta de aniversarios.

   En declaracións, a responsable de prensa Ana Sanjuás, explicou que na residencia adóitanse celebrar unha vez ao mes todos os aniversarios pero que en ocasións especiais como esta, que Josefa leva 15 anos na residencia e é a maior, faise unha celebración como a deste domingo.

   “Josefa estivo a cantar muiñeiras e outras cancións populares durante a celebración axudada polos traballadores do centro” porque é unha das súas afeccións, continuou Ana Sanjuás.

   Ademais, engadiu que Josefa Álvarez é unha persoa que goza de moi boa saúde a pesar da súa avanzada idade e que mesmo si a sacas a bailar ela tamén baila”.

   A muller que cumpría este domingo 108 anos non ten fillos, nin casou, polo que á celebración acudiron un sobriño e a súa muller ademais de todos os seus compañeiros da residencia e os traballadores do centro.

   A ‘avoa de Cartelle’, nacida en 1906 en Ramirás (Ourense), e que contou aos asistentes as súas receitas para alcanzar os 108 anos con tanta vitalidade, participa activamente na maioría das actividades do centro, e goza cantando e dando algúns pasos de baile.

16 de febreiro de 2014 | 14:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.