publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Plataforma de Ordes de Afectados polas sancións ás pensións convoca unha reunión en Trazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTrazo
A-
A+

A Plataforma de Afectados polas sancións ás pensións do estranxeiro na Comarca de Ordes convoca a unha reunión aos veciños e veciñas de Trazo afectados por este conflito coa Axencia Tributaria. Un encontro que terá lugar mañá xoves 6 de febreiro, ás 20:00 horas, no inmoble do antigo Concello de Trazo, en Viaño Pequeno.

O obxectivo deste encontro é que todos os pensionistas retornados de Trazo que cobran prestacións doutros países, e aos que a Axencia Tributaria lles está requerindo que tributen por eses subsidios dende o ano 2008, poidan facer entrega da documentación precisa á avogada da Plataforma, Vanesa Pedrouzo, para poder presentar alegacións. Unhas alegacións que van, especialmente, contra as inxustas multas impostas por Facenda, que considera que estes veciños non cumpriron cos seus deberes fiscais cando é evidente que non foron informados sobre a medida.

A Plataforma de Afectados polas sancións ás pensións do estranxeiro na Comarca de Ordes naceu o pasado mes de outubro e conta con maís de 300 asociados na comarca ordense. A recollida de documentación de mañá en Trazo será a primeira que se realice na comarca, xa que para as próximas semanas están previstos máis encontros en Oroso e Ordes.

5 de febreiro de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.