A neve deixa sen clase a 9 alumnos de 2 centros lucenses
A presenza de neve na rede viaria galega deixou sen poder acudir ás aulas este mércores unicamente a nove alumnos de dous centros de municipios de montaña da provincia de Lugo.
Así o indicaron fontes da Consellería de Educación, que sinalaron que eses dous centros lucenses tiveron algunha liña de transporte escolar afectada.
En concreto, segundo precisou o departamento de Educación da Xunta, trátase do CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro e do CPI de Navia de Suarna.