publicidade hoxe

A Garda Civil de Tráfico imparte en Sober unha charla sobre educación viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O auditorio da Casa da Cultura de Sober acolle mañá unha charla sobre educación viaria, que será impartida polo persoal da Garda Civil de Tráfico ás 12 do mediodía.O Concello de Sober recomenda a asistencia a este acto, organizado pola Subdelegación do Goberno en Lugo, no que se agasallará a cada un dos participantes cun chaleco reflectante.

A Garda Civil leva repartidos numerosos chalecos reflectantes na provincia de Lugo dentro da campaña Faite Ver!. O programa pretende mellorar a seguridade dos peóns que transitan habitualmente por estradas mal iluminadas ou dunha visibilidade reducida.

Faite Ver! ten como principal obxectivo concienciar aos peóns do importante que é para a súa integridade física que porten elementos reflectantes.

A campaña está dirixida principalmente ás persoas de máis idade que viven en zonas periurbanas ou ámbitos rurais, xa que parte dos atropelos rexistrados na comunidade se corresponde con ese perfil.

11 de febreiro de 2014 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.