publicidade hoxe

A Fonsagrada acolle esta fin de semana a XVII Feira do Butelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaCalendarioLugo
A-
A+
Presentación da XVII Feira do Butelo da Fonsagrada

Presentación da XVII Feira do Butelo da Fonsagrada

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, e o Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, presentaron este martes na Praza de Abastos da capital a XVII Feira do Butelo que acollerá esta fin de semana, 22 e 23 de febreiro, dito municipio. Regina Polín destacou a liña de colaboración establecida entre Concello e Deputación para sumar esforzos e potenciar a comercialización de produtos autóctonos de calidade como o butelo. “Esta feira é un importante revulsivo económico para a toda a Comarca, pois non só xera riqueza nos días da feira, senón que activa toda a economía da zona en torno á este destacado produto”, subliñou Polín.

O Alcalde fonsagradino agradeceu a colaboración da Deputación e asegurou que o esforzo “paga a pena”, pois nos últimos anos incrementouse considerablemente non só o número de persoas que acoden a cita, senón tamén as vendas deste produto durante todo o ano. A presentación celebrouse na praza de Abastos, aproveitando a afluencia de público para dar a coñecer os derivados do porco que se atoparán na feira cunha degustación.

Na Comarca da Fonsagrada hai preto dunha decena de empresas dedicadas á elaboración, transformación ou comercialización de produtos porcinos, dando emprego a máis de 100 persoas. No evento gastronómico desta fin de semana participarán varias destas empresas, como Porco Celta Fonsagrada, Porco Celta Real Fonsagrada, Casa Castelao, Embutidos Buenavista e Butelos Tita. Todos estes negocios fonsagradinos porán á venda unhas 15 toneladas de butelos a prezos entre os 9 e os 12 euros. En anteriores edicións, chegáronse a vender unhas 10.000 toneladas de produtos, acadando un volume de negocio de máis de 20.000 euros, sumando as ventas de butelos e doutros elaborados como como cachuchas, lacóns, touciños ou chourizos, que tamén estarán á venda nesta convocatoria.

64 expositores

En total, no recinto situado na Praza do Concello, haberá 64 expositores ocupados por profesionais procedentes, ademais da Fonsagrada, de diferentes Concellos da provincia e de Galicia, así como de Asturias, Castela León ou Madrid. Os expositores poñerán á venda produtos gastronómicos autóctonos como pan, doces, queixos, mel e licores, así como obxectos artesanais de tradición na Comarca como navallas, coitelos, zocos, pezas de prata ou coiro ou xoguetes de madeira. O recinto permanecerá aberto dende as 10:00 da mañá ata as 19:00 da tarde. A entrada é gratuíta e haberá animación musical a cargo de varios grupos tradicionais.

18 de febreiro de 2014 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.