publicidade hoxe

A Factoría de Innovación da Coruña organiza unha xornada para o empresariado de Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

A Factoría de Innovación da Coruña, promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña, e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Ministerio de Industria, Energía y Turismo, organiza unha xornada na Casa da Cultura de Vimianzo dirixida ao empresariado.

Trátase de expoñer ás pemes o seu programa de actividades para potenciar a innovación no tecido industrial da comarca, co obxectivo de reforzar a capacidade innovadora das empresas, favorecendo a implantación de iniciativas I+D+I que dinamicen a súa actividade e melloren os procedementos de xestión e produción. Na xornada presentarase tamén un programa de Adestramendo individualizado no que poderán participar 101 pemes que coa axuda dun “coach” individualizado serán capaces de identificar, definir e poñer en marcha polo menos un proxecto innovador que lles permitirá ser competitivos no sector no que traballan. 

A cita será o vindeiro mércores día 12 de febreiro, ás 20 horas, na Sala de Conferencias da Casa da Cultura. A asistencia é gratuíta.

6 de febreiro de 2014 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.