publicidade hoxe

A biblioteca de Sober dedica as ‘Meredas con contos’ de febreiro a preparar o Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Sober dedica as ‘Merendas con contos’ do mes de febreiro a preparar o entroido. Os venres 7, 14, 21 e 28 faranse obradoiros nos que os nenos e nenas que participen elaborarán compadres e comadres e tamén máscaras con material de reciclaxe.

Para a confección dos compadres e comadres os nenos e nenas realizarán a cabeza dos bonecos coa técnica de papel maché, unha técnica artesanal antiga, orixinaria da China, India e Persia, que consiste na elaboración de obxectos, xeralmente decorativos e artísticos, usando pasta de papel. Unha vez feitas as cabezas os seu creadores poderán personalizalas co rostro dos seus personaxes favoritos.

Homenaxe a Rosalía

Como en anos anteriores o día 21 de febreiro a Biblioteca Pública Municipal acollerá unha homenaxe á poetisa Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento, o día 24. A data conmemorarase coa lectura de varios poemas de Follas Novas: Para Habana, Este vaise i aquel vaise, Maio longo…maio longo e Aquel romor de cántigas

As Merendas con contos desenvolveranse todos os venres do mes de febreiro ás 17:30 horas na Biblioteca Pública Municipal de Sober.

7 de febreiro de 2014 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.